Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Atención á diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atención á diversidade. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

Imos ver esta curta!!

Ola!
Hoxe vos traio unha nova entrada, un corto, de que tratará? Espero que vos guste. Abaixo tedes unha serie de actividades. Nos quizizz acordádevos de poñer o voso nome. Enviádeme ao correo o que fixestes, e comentade en comentarios que vos pareceu a entrada...😉



Para todos os cursos
Elaborar un debuxo da curtametraxe, sacarlle unha foto e enviala ao meu correo: ptal.maribel.atencion@gmail.com. Colgarei todos os debuxos nunha entrada o sábado seguinte a recibilos. A ver cantos vos animades!! Acordádevos de poñerlle o nome!!😉

1º e 2º de Primaria

3º e 4º de Primaria

5º e 6º de Primaria

sábado, 2 de maio de 2020

ATENCIÓN!! 2 de maio: Día do acoso escolar ou Bullying

Ola a todxs:
Esta entrada non estaba na programación semanal, pero este día merece unha entrada especial xa que hoxe, 2 de maio, se celebra o día do acoso escolar ou bullying.
Estes días, estamos a vivir un momento único, histórico, e con todo este tempo encerrados nas nosas casas tivemos tempo a reflexionar e a darmos conta do importante que son as persoas, os compañeiros e as compañeiras e, por iso, porque todos e todas somos importantes, merecemos o respecto dos demáis.
Con esta entrada vos traio un agasallo, un corto que espero que vos guste e vos axude a reflexionar...
Anímovos a todos a elaborar un cartel (nun folio) cunha mensaxe en contra do acoso escolar e a enviarma ao correo: ptal.maribel.atencion@gmail.com (O sábado que ven subirei todos os carteis que me enviedes, a ver se enchemos o blogue de debuxos e mensaxes en contra do acoso escolar)
Un saúdo e unha aperta moi forte... Deixovos co vídeo:

mércores, 8 de abril de 2020

2 de Abril: Día do autismo


Aínda que xa pasou o 2 de abril, podemos aproveitar o tempo de vacacións, para afondar un pouquiño máis sobre que é o Trastorno de Espectro Autista (TEA).

Queredes saber que é iso do TEA?
Coñecedes a María?
Como será ter un irmán ou unha irmá con autismo?
Por que o azul é a cor que simboliza o autismo?

Se queredes dar resposta a algunhas destas preguntas, pinchade no seguinte enlace que vos levará a unha foto interactiva, na cal hai enlaces que nos dirixen a distintas páxinas e nos axudarán a compoñer o noso puzzle de comprensión do autismo.

                 Pincha aquí para ver a foto interactiva

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA OS DISTINTOS CURSOS

1º e 2º de Educación Primaria
Realizar un debuxo do conto ou do video

3º e 4º de Educación Primaria
Inventar unha historia ou banda deseñada no que a personaxe principal sexa un neno ou nena con autismo

5º e 6º de Educación Primaria
 Facer unha reseña do video ou
Escribir unha noticia sobre o autismo

Se vos apetece, encantaríame recibir no correo electrónico os vosos traballos!!

ptal.maribel.atencion@gmail.com