Hoxe traiovos un xogo que nos vai axudar a por en práctica a concentración e a recuperación de contidos que xa sabedes... ou no caso de non sabelos, aprenderedes un montón de curiosidades e cousas novas!!
Na entrada de hoxe, como todas as semanas imos traballar un pouquiño as mates... Poñer en práctica contidos que estades traballando dende as titorías...Espero que vos axude!!
Ola!!
Hoxe temos uns xogos de repaso de todas as materias, son moi divertidos anímovos a facer o do voso curso e,... se vos atrevedes algún doutro curso tamén podedes!! Deixádeme en comentarios a cales dos xogos xogastes!!
Ola!
A entrada de hoxe non vos amosa nada novo, volvemos ás fichas interactivas que, como xa sabedes vos van axudar a reforzar as aprendizaxes do curso. Podedes corrixilas e enviarme os vosos resultados e non dubidedes en escribirme ao correo con calquera cousiña que precisedes (se queredes máis fichas do estilo ou dalgunha outra aprendizaxe que vos interese reforzar), estarei encantada de vos ler e contestar...
Un saúdo... e buscade por abaixo a ficha do voso curso... ou doutros cursos se vos atrevedes...😜
Ola!!!
Hoxe e luns e imos comezar a semana con enerxía... Para iso vos traio a nosa Gymkana: A Gymkana do Ferro!! Nela tedes que ir superando os retos para pasar aos seguintes...
Atrevédesvos?
Ánimo!! 💪💪
Podedes ir preparando a cámara ou o móvil para sacar fotos e vídeos e podedes enviarmos ao correo...😜
Estades preparados?
.
.
. Listos?
.
.
. XA!! PINCHA PARA COMEZAR!!
Ola!!
Hoxe traio fichas interactivas para repasar mates... Debaixo de cada curso está a ficha que pode cubrir, cando acabedes podedes autocorrixila se pinchades abaixo da ficha en "Terminado", e despois en "comprobar mis respuestas", tamén podedes notificarme o resultado que vos saíu (pinchando en "terminado" e "enviar mis respuestas al profesor") . Podedes facer fichas dos outros cursos se vos animades!!
Escribídeme en comentarios que vos pareceu a vosa ficha!!
Ánimo!!
Ola a todo el mundo!!
Hoxe temos un xogo de divisións. Conseguiredes evolucionar aos vosos Pokémons e ser os mellores adestradores? Se o queredes saber... pinchade no seguinte enlace. Recomendado sobre todo para 5º e 6º.
Ola rapazada!
Hoxe vos traio un novo xogo coa temática de Harry Potter... É un breakout con contido de matemáticas, dirixido ao alumnado de 4º a 6º de Educación Primaria. Só é apto para os máis intrépidos!!! Quen se anima?
Ola a todxs!
Desta volta, temos preparado unha serie de misterios que teredes que resolver,...
Cada curso tera que conseguir os números correspondentes para adiviñar o código secreto...