Buscar neste blog

luns, 15 de xuño de 2020

Imos de excursión!!

Boas!!
Hoxe vos traio unha entrada especial... Xa estamos na recta final do curso e se estiveramos no cole, probablemente un destes días de xuño houberamos aproveitado para ir de excursión. Coa situación que estamos non podemos... PEEEEEEEERO.... Coa entrada que hoxe vos propoño, ides poder ver cousas que probablemente na excursión non iamos poder ver....

Ides poder ser testigo en tempo real da vida salvaxe  no continente africano, de cómo se alimentan os linces ou de qué forma as águias protexen as súas crías. Todo iso a través das webcams, que situadas en lugares estratéxicos, permiten observar en directo o comportamiento dun sinfín de animais. E desde o sofá de casa!

Así que... se vos chama a atención ver a estes animais, pinchade no enlace de abaixo e despois escribide en comentarios cales vistedes e cal vos gustou máis!! Tamén podedes mandarme ao correo unha descripción do(s) animal(is) que vistes e/ou un debuxo!!
Espero que vos guste!
Un saúdo

Dentro das que hai nese enlace son todas chulas pero recomendo especialmente AfriCam porque vos pode resultar moi interesante... Deixovos o enlace directo aquí abaixo


O enlace directo que vos deixo aquí abaixo tamén está moi chulo!!


Outra cam que vos pode interesar é a de esta águia e as súas crías... Deixovos o link directo aquí abaixo...



Ningún comentario:

Publicar un comentario