Buscar neste blog

venres, 19 de xuño de 2020

Fin de curso!!

Chegou o día!!
Ola rapazada!!
En primeiro lugar gustaríame darvos as grazas por todas as cousiñas que me fústedes enviando, e por participar nas actividades que se ían propoñendo no blogue...
Este foi un curso diferente, raro,... pero vós soubestes estar a altura das circunstancias e fixestes moito máis doado estos momentos duros coa vosa paciencia e o voso traballo...Vós si que merecedes un aplauso ben grande por parte de todos nós!!👏👏👏👏👏👏👏
O mesmo que o curso foi diferente, o final de curso tamén resulta moi distinto😞... Non nos podemos despedir, nin darnos unha aperta como merecemos pero tedes que saber que vos votamos moitísimo de menos e estamos desexando volver a vervos o curso que vén... E aos que marchades,... tedes visita obrigada ao Ferro e contarnos que tal vos vai nesa nova etapa que ides comezar e que vai estar chea de momentos inesquecibles... Tanto ou máis (se cabe😜) que os momentos vividos no voso cole!!
Preparádevos rapazada para este verán!!💪💪 Saíde e gozade como merecedes de cada día, de cada raiola de sol, de cada ola, de cada aperta, de cada visita, de cada paseo, de cada ser querido, de cada amigo ou amiga... porque se algo aprendemos este último trimestre é que hai moitas cousas polas que disfrutar e que non hai cartos que as paguen!!
Mándovos unha aperta xigante e moitos moitos bicos virtuais!!
Tamén vos deixo un agasallo aquí abaixo... en forma de imaxe... pinchade!!
Un bico moooooooooooooi forte 😘,
Maribel
👋

Ningún comentario:

Publicar un comentario