Buscar neste blog

venres, 19 de xuño de 2020

Fin de curso!!

Chegou o día!!
Ola rapazada!!
En primeiro lugar gustaríame darvos as grazas por todas as cousiñas que me fústedes enviando, e por participar nas actividades que se ían propoñendo no blogue...
Este foi un curso diferente, raro,... pero vós soubestes estar a altura das circunstancias e fixestes moito máis doado estos momentos duros coa vosa paciencia e o voso traballo...Vós si que merecedes un aplauso ben grande por parte de todos nós!!👏👏👏👏👏👏👏
O mesmo que o curso foi diferente, o final de curso tamén resulta moi distinto😞... Non nos podemos despedir, nin darnos unha aperta como merecemos pero tedes que saber que vos votamos moitísimo de menos e estamos desexando volver a vervos o curso que vén... E aos que marchades,... tedes visita obrigada ao Ferro e contarnos que tal vos vai nesa nova etapa que ides comezar e que vai estar chea de momentos inesquecibles... Tanto ou máis (se cabe😜) que os momentos vividos no voso cole!!
Preparádevos rapazada para este verán!!💪💪 Saíde e gozade como merecedes de cada día, de cada raiola de sol, de cada ola, de cada aperta, de cada visita, de cada paseo, de cada ser querido, de cada amigo ou amiga... porque se algo aprendemos este último trimestre é que hai moitas cousas polas que disfrutar e que non hai cartos que as paguen!!
Mándovos unha aperta xigante e moitos moitos bicos virtuais!!
Tamén vos deixo un agasallo aquí abaixo... en forma de imaxe... pinchade!!
Un bico moooooooooooooi forte 😘,
Maribel
👋

xoves, 18 de xuño de 2020

Receitas saudables de xeados!

Ola!!
Empeza a temporada de xeados, fruta de verán,... e nesta entrada imos fusionar ámbalas dúas cousas para facer uns deliciosos e saudables xeados de frutas. Enviádeme ao correo fotitos dos xeados que vos atrevedes a facer en familia!!
Un saúdo e... BO PROVEITO!!


mércores, 17 de xuño de 2020

martes, 16 de xuño de 2020

Adiviñas veraniegas!!

Ola a todo o mundo!!
Nesta entrada vos traio algunhas adiviñas (pista: SOBRE O VERÁN)
Cantas sodes capaces de adiviñar? 
Deixádeme en comentarios os resultados e se sabedes algunha outra escribidea en comentarios tamén!!
Un saúdo!!

Ahí van as adiviñas:

1. Ando siempre en verano,
unas veces abierto,
otras veces cerrado.

2. Lleva años en el mar
y aún no sabe nadar.

(Ahí va otra sobre lo mismo...)

Se me cuela en los zapatos
y me molesta en los ojos.
Siempre que juego en la playa,
a puñaditos la cojo.

3. Guardado en invierno,
lo luzco en verano,
es mi único traje
en sitios de baño.

4. Alumbra sin ser candil,
algunas veces nos quema,
al atardecer se duerme,
por la mañana despierta.

(Ahí va otra sobre lo mismo...)

Redondo, redondo
como un pandero,
quien me toma en verano
debe usar sombrero.

5. Él es tío sin sobrinos,

a todos calienta igual.
Si no sabes de quién hablo,
tras la primavera vendrá.

Dime el nombre de una estación
en la que tenemos vacación.

En la temporada
de brillante sol,
maduro la fruta
con lluvia y calor.

6. No lo parezco y soy pez,

y mi forma la refleja
una pieza de ajedrez.

7. En dos castañuelas voy encerrado
y al sacarme del mar me pongo colorado.

8.Con su risa mañanera
toda la playa alborota,
pescadora y marinera.

9. Soy redonda pero no soy pelota,

soy verde pero no soy hierba,
soy roja pero no soy fuego,
aunque tengo semillas
negras como el carbón.

Llega de día y es santa,
Grande y verde,
Y con pulpa colorada.

10. Es la reina del mar

y tiene una dentadura muy buena,
como no le gusta ir vacía,
siempre va llena.



luns, 15 de xuño de 2020

Imos de excursión!!

Boas!!
Hoxe vos traio unha entrada especial... Xa estamos na recta final do curso e se estiveramos no cole, probablemente un destes días de xuño houberamos aproveitado para ir de excursión. Coa situación que estamos non podemos... PEEEEEEEERO.... Coa entrada que hoxe vos propoño, ides poder ver cousas que probablemente na excursión non iamos poder ver....

Ides poder ser testigo en tempo real da vida salvaxe  no continente africano, de cómo se alimentan os linces ou de qué forma as águias protexen as súas crías. Todo iso a través das webcams, que situadas en lugares estratéxicos, permiten observar en directo o comportamiento dun sinfín de animais. E desde o sofá de casa!

Así que... se vos chama a atención ver a estes animais, pinchade no enlace de abaixo e despois escribide en comentarios cales vistedes e cal vos gustou máis!! Tamén podedes mandarme ao correo unha descripción do(s) animal(is) que vistes e/ou un debuxo!!
Espero que vos guste!
Un saúdo

Dentro das que hai nese enlace son todas chulas pero recomendo especialmente AfriCam porque vos pode resultar moi interesante... Deixovos o enlace directo aquí abaixo


O enlace directo que vos deixo aquí abaixo tamén está moi chulo!!


Outra cam que vos pode interesar é a de esta águia e as súas crías... Deixovos o link directo aquí abaixo...



domingo, 14 de xuño de 2020

Organización das entradas do 15 ao 20 de xuño

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Non obstante, vai ser especial xa que como ben sabedes a semana que empeza mañá vai ser a última de este curso taaaaaaan raro... E por ser a última semana, o contido que vos traio vai ser diferente e súper interesante. Xa me contaredes que vos parece...
Un saúdo!!

Luns 15- Imos de Excursión!!
Martes 16-  Adiviñas veraniegas!!
Mercores 17- Ao auga patos!!
Xoves 18- Receitas saudables de Xeados!
Venres 19- Fin de curso!!
Sábado 20- Traballos realizados polo alumnado

sábado, 13 de xuño de 2020

Traballos realizados polo alumnado

Ola a todxs!!
Hoxe é o penúltimo sábado de curso... Queda a recta final e para a semana vos esperan un montón de entradas interesantes para disfrutar... Pero hoxe vos traio os traballos que me mandaron algunhas nenas. Son moi moi chulos!!

NOTICIAS FAIL II

Telma de 3º nos envía a seguinte noticia valguesa... INCREÍBLE!!


DADOS CONTAHISTORIAS II E NOTICIAS FAIL II

Uxía nos trae o seguinte conto, cun final sorprendente...e a seguinte noticia fail II que non ten desperdicio...Anímovos a lela!!