Esta entrada non estaba na programación semanal, pero este día merece unha entrada especial xa que hoxe, 2 de maio, se celebra o día do acoso escolar ou bullying.
Estes días, estamos a vivir un momento único, histórico, e con todo este tempo encerrados nas nosas casas tivemos tempo a reflexionar e a darmos conta do importante que son as persoas, os compañeiros e as compañeiras e, por iso, porque todos e todas somos importantes, merecemos o respecto dos demáis.
Con esta entrada vos traio un agasallo, un corto que espero que vos guste e vos axude a reflexionar...
Anímovos a todos a elaborar un cartel (nun folio) cunha mensaxe en contra do acoso escolar e a enviarma ao correo: ptal.maribel.atencion@gmail.com (O sábado que ven subirei todos os carteis que me enviedes, a ver se enchemos o blogue de debuxos e mensaxes en contra do acoso escolar)
Un saúdo e unha aperta moi forte... Deixovos co vídeo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario