Hoxe e venres e para celebralo, na entrada de hoxe vos traio unha selección de 8 películas para traballar as emocións. Con esta selección douvos algunha opción para ver esta fin de semana. Ademáis, invítovos a que me escribades un correo (ptal.maribel.atención@gmail.com) e que me contedes algunha cousiña, como por exemplo cal de esas pelis vístedes, cal vos gustou máis, cal non vos gustou... Douvos ideas para mandar no correo...😉
Podedes....
- Facer un debuxo da peli que máis vos guste, sacarlle unha foto e enviarma
- Escribir un resumo dalgunha peli
- Elaborar unha reseña
- Escribir a vosa opinión sobre algunha das pelis
- Gravar un audio contando algo sobre as pelis
- Facer un video contándome algo sobre as películas (cales vistes, cal vos gustou,...)
Os debuxos que me enviedes vou intentar subilos nunha entrada para así que vexamos os artistas que hai no cole!
Agora si que si!! Pinchade aquí para ver a selección de películas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario