Buscar neste blog

venres, 22 de maio de 2020

Somos xornalistas: noticias "fail"

Ola!
Hoxe vamos pasar un bo rato lendo divertidas noticias "fail" (noticias falsas) de "El Diario Montañoso", a continuación vos propoño como actividade, convertirvos en xornalistas e elaborar unha noticia "fail", podedes engadir fotos ou debuxos e enviarmas ao correo (ptal.maribel.atencion@gmail.com). Irei subindo as noticias que reciba o sábado seguinte despois de recibilias!! Animádevos!!

Unha aperta...

Pinchade no titular que máis vos chame a atención para ler a noticia...

Dous nenos de 9 anos cortan a WIFI da casa do mestre para que non mande máis deberes

Primeiras medidas en Cantabria para os centros escolares: Cada mascarilla levará a foto do neno

Dous anciáns levan un mes sentados no mesmo banco para que non lles quiten o sitio

Detido por poñer unha sombrela na praia para ser o primeiro cando abra

O mar está tan limpo que se pode ver o Titanic desde o ceo

Un astronauta leva 2 meses dando voltas á Terra " a ver se marcha o coronavirus"


Ningún comentario:

Publicar un comentario