Buscar neste blog

mércores, 8 de abril de 2020

2 de Abril: Día do autismo


Aínda que xa pasou o 2 de abril, podemos aproveitar o tempo de vacacións, para afondar un pouquiño máis sobre que é o Trastorno de Espectro Autista (TEA).

Queredes saber que é iso do TEA?
Coñecedes a María?
Como será ter un irmán ou unha irmá con autismo?
Por que o azul é a cor que simboliza o autismo?

Se queredes dar resposta a algunhas destas preguntas, pinchade no seguinte enlace que vos levará a unha foto interactiva, na cal hai enlaces que nos dirixen a distintas páxinas e nos axudarán a compoñer o noso puzzle de comprensión do autismo.

                 Pincha aquí para ver a foto interactiva

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA OS DISTINTOS CURSOS

1º e 2º de Educación Primaria
Realizar un debuxo do conto ou do video

3º e 4º de Educación Primaria
Inventar unha historia ou banda deseñada no que a personaxe principal sexa un neno ou nena con autismo

5º e 6º de Educación Primaria
 Facer unha reseña do video ou
Escribir unha noticia sobre o autismo

Se vos apetece, encantaríame recibir no correo electrónico os vosos traballos!!

ptal.maribel.atencion@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario