Buscar neste blog

venres, 12 de xuño de 2020

Somos xornalistas: Noticias "fail" II

En vista da boa acollida que tiveron as noticias "fail" anteriormente, vos traio unha nova entrada. Escribideme en comentarios que noticia vos resultou máis interesante ou divertida.
Como proposta de actividade volvo propoñervos escribir a vosa noticia "fail"... ALA!! Botade a voar a vosa imaxinación e a ver que sae!!
Aquí vos deixo os titulares das noticias!! Pinchade nas que máis vos gusten!




xoves, 11 de xuño de 2020

Dados Contahistorias II

Ola!
Na entrada de hoxe recollo unha actividade que xa fixemos semanas atrás e son os dados contahistorias...
Estades preparados para inventar un novo conto? Pois a lanzar os dados!!
Enviádeme as vosas historias e debuxos das mesmas ao correo (ptal.maribel.atencion@gmail.com) Plubicareinas o sábado seguinte a recibilas!! Ánimo!!


mércores, 10 de xuño de 2020

Xoguemos ao Trivial Interactivo

Ola!!
Hoxe traiovos un xogo que nos vai axudar a por en práctica a concentración e a recuperación de contidos que xa sabedes... ou no caso de non sabelos, aprenderedes un montón de curiosidades e cousas novas!!
Estades preparadxs??
Ánimo!!



luns, 8 de xuño de 2020

Fichas interactivas de Mates (repaso)

Ola!
Na entrada de hoxe, como todas as semanas imos traballar un pouquiño as mates... Poñer en práctica contidos que estades traballando dende as titorías...Espero que vos axude!!
Un saúdo!!

1º de Primaria

Capacidad, an interactive worksheet by inmalalinea1ep
liveworksheets.com
2º de Primaria


3º de Primaria

Rectas y ángulos, an interactive worksheet by InesMilla
liveworksheets.com
4º de Primaria

Cuadriláteros, an interactive worksheet by profetamarita
liveworksheets.com
5º de Primaria

Múltiplos y divisores, an interactive worksheet by susele
liveworksheets.com
6º de Primaria

domingo, 7 de xuño de 2020

Organización semanal das entradas do 8 ao 13 de Xuño

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... 😜

Luns 8- Fichas interactivas de Mate (repaso)
Martes 9-  O misterio das palabras
Mercores 10- Xoguemos ao Trivial!!
Xoves 11- Dados contahistorias II
Venres 12- Somos Xornalistas: Noticias "fail" II
Sábado 13- Entrada con traballos realizados polas nenas e nenos

sábado, 6 de xuño de 2020

Traballos realizados polo alumnado

Boas!! 
Hoxe, como todos os sábados subo algunha cousiña que me enviades...

DEBUXO CORTO "O VENDEDOR DE FUME"
Debuxo elaborado por Telma de 3º... Moitas gracias por compartilo Telma!! MOI BO TRABALLO!!