Buscar neste blog

domingo, 31 de maio de 2020

Organización semanal das entradas do 1 ao 6 de Xuño

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... 😜

Luns 1- Pasapalabra
Martes 2-  Traballamos a Conciencia Fonolóxica
Mercores 3- Poñendo a proba a nosa atención
Xoves 4- Fichas interactivas de repaso de mates
Venres 5- Quizz-video Imos ver un corto!
Sábado 6- Entrada con traballos realizados polas nenas e nenos

sábado, 30 de maio de 2020

Traballos realizados polo alumnado

Boas!!
Hoxe como todos os sábados subo traballiños feitos por vós... Desta volta temos traballos de artistazas!!

CADROS INSPIRACIÓN EN LUÍS SEOANE

Bodegón Luís Seoane Vs. Bodegón Telma Dopazo (3º),  TRABALLAZO XENIAL!! Aseméllanse moitísimo!!

TRABALLAZO XENIAL!! Aseméllanse moitísimo!!

venres, 29 de maio de 2020

Paseo Virtual polo Museo de Belas Artes de A Coruña + Xogo Luis Seoane

Ola!!
Hoxe ímos dar un paseo virtual polo Museo de Belas Artes de A Coruña e para iso vou deixar un enlace debaixo que vos levará a un xogo para coñecer un pouquiño máis a un pintor galego: Luis Seoane. Despois do xogo podedes ir pinchando nos distintos links da páxina web do museo e ir descubrindo segredos do mesmo e podedes realizar actividades  que propoñen na pestana de "material educativo", podedes botarlle unha ollada ou descargar e facer as actividades se vos interesa...
Se vos animades podedes elixir un cuadro de Luis Seoane, debuxalo e enviarmo ao correo... O sábado subirei os debuxos que enviedes!! Ánimo!!

Espero que vos guste!!!

Un saúdo

Pincha aquí para xogar e descubrir detalles da vida de Luis Seoane

martes, 26 de maio de 2020

Fichas interactivas de Audición e Linguaxe

Ola!
Hoxe vos traio un conxunto de actividades para traballar distintos aspectos. Espero que vos sexa de utilidade!
Un saúdo!!




Comprensión oral, una ficha interactiva de Angie_AL
liveworksheets.com



domingo, 24 de maio de 2020

Organización semanal das entradas do 25 ao 30 de Maio

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... 😜

Luns 25- Xogos de comprensión lectora
Martes 26- Fichas interactivas de Audición e Linguaxe
Mercores 27- Xogos de rapidez mental e memoria
Xoves 28- Quizizz de repaso de Mates
Venres 29- Paseo Virtual polo Museo de Belas Artes de A Coruña + Xogo Luis Seoane
Sábado 30- Entrada con traballos realizados polas nenas e nenos

sábado, 23 de maio de 2020

Traballos realizados polo alumnado

Ola!
Hoxe é sábado e traiovos algunhas fotiños de traballos que se fixeron ao longo desta semana...


DEBUXOS DO CORTO "EL REGALO-THE PRESENT"

Este debuxo está realizado por Telma de 3º. Chulísimo Telma!!

DEBUXOS AXENDA DO FERRO

Xiana de 4º nos comparte este debuxo que fixo!! Moi bonito Xiana!! Gracias!!

ACTIVIDADES DE SOPLO

E aquí temos a Telma de 3º debuxando!! Toda unha artista!!

NOTICIAS "FAIL"

Hugo de 3º nos envía esta divertida noticia "Fail"... Imaxinádesvos ter que tomar 5 litros de coca-cola ao día? 🙈😂😂
Moitas Gracias Hugo!! Bo traballo!!

Mirade que titulo nos trae Telma de noticia "fail"!! Oxallá esta noticia se convertira en realidade, non si?

Lede a noticia "fail" de Uxía de 3º, non ten desperdicio!! Moi divertida!! Parabéns Uxía!!


ADIVIÑA QUE É....

A ver quen adiviña a palabra que nos propuxo Telma de 3º. Deixade en comentarios a palabra que creades que é... a ver quen a adiviña!!... Moi bo traballo Telma!!Esta xenial!! Gracias.

Gustáronvos os traballos? Están super chulos verdade? Ocúrrensevos algunhas noticias máis? Ou algunha palabra para facernos pensar?
Xa sabedes chicxs!! Enviáde os vosos traballos ao meu correo (ptal.maribel.atencion@gmail.com) e así compartimos todo o que estamos traballando!! 
Un saúdo e a pasar boa fin de semana!!

venres, 22 de maio de 2020

Somos xornalistas: noticias "fail"

Ola!
Hoxe vamos pasar un bo rato lendo divertidas noticias "fail" (noticias falsas) de "El Diario Montañoso", a continuación vos propoño como actividade, convertirvos en xornalistas e elaborar unha noticia "fail", podedes engadir fotos ou debuxos e enviarmas ao correo (ptal.maribel.atencion@gmail.com). Irei subindo as noticias que reciba o sábado seguinte despois de recibilias!! Animádevos!!

Unha aperta...

Pinchade no titular que máis vos chame a atención para ler a noticia...

Dous nenos de 9 anos cortan a WIFI da casa do mestre para que non mande máis deberes

Primeiras medidas en Cantabria para os centros escolares: Cada mascarilla levará a foto do neno

Dous anciáns levan un mes sentados no mesmo banco para que non lles quiten o sitio

Detido por poñer unha sombrela na praia para ser o primeiro cando abra

O mar está tan limpo que se pode ver o Titanic desde o ceo

Un astronauta leva 2 meses dando voltas á Terra " a ver se marcha o coronavirus"


xoves, 21 de maio de 2020

mércores, 20 de maio de 2020

martes, 19 de maio de 2020

Adiviña que é... Xogo para adiviñar palabras!!

Ola!!
Para hoxe tedes un xogo de adiviñar a palabra con pistas... Cantas pistas necesitaredes para adiviñalas? Deixádeme en comentarios se adiviñastes todas e cantas pistas necesitastes!!
Unha aperta!

Pincha aquí para xogar!!

Propóñovos outro xogo... facede un cartel onde aparezcan distintas pistas para adiviñar un obxecto, sacádelle unha foto e enviádema ao correo. O sábado subireinos para que xoguen a adiviñar os compañeirxs!!

Ánimo

luns, 18 de maio de 2020

Axenda de actividades do Ferro do 18 ao 22

Ola a todxs!
Que tal a finde? Espero que repuxérades as pilas para este luns.... Hoxe tráiovos unha entrada á que teredes que pasar todos os días porque  hai unha actividade para cada día!! Animádesvos



domingo, 17 de maio de 2020

Breakout Día das Letras Galegas 2020. Feliz día!!

Ola a todxs!!
Para celebrar o día das Letras Galegas, hoxe imos engadir unha nova entrada para que podades realizar un entretenido breakout... Conseguiredes os números do código secreto?
Ánimo!!! Un saúdo e bo día!!




Organización semanal das entradas do 18 ao 23 de maio

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... 😜

Luns 18-  Axenda de actividades do Ferro do 18 ao 22 de maio
Martes 19- Adiviña que é....!! Xogo para adiviñar palabras con pistas
Mercores 20- Xogo de entrenamiento da memoria
Xoves 21-1, 2, 3,... A XOGAR!!
Venres 22- Somos Xornalistas: Noticias "fail"
Sábado 23- Entrada con traballos realizados polas nenas e nenos

venres, 15 de maio de 2020

Imos ver esta curta!!

Ola!
Hoxe vos traio unha nova entrada, un corto, de que tratará? Espero que vos guste. Abaixo tedes unha serie de actividades. Nos quizizz acordádevos de poñer o voso nome. Enviádeme ao correo o que fixestes, e comentade en comentarios que vos pareceu a entrada...😉



Para todos os cursos
Elaborar un debuxo da curtametraxe, sacarlle unha foto e enviala ao meu correo: ptal.maribel.atencion@gmail.com. Colgarei todos os debuxos nunha entrada o sábado seguinte a recibilos. A ver cantos vos animades!! Acordádevos de poñerlle o nome!!😉

1º e 2º de Primaria

3º e 4º de Primaria

5º e 6º de Primaria

xoves, 14 de maio de 2020

Xogos de repaso de Lengua

Ola!!
Hoxe vos traio uns xogos para repasar Lengua... Buscade o voso curso e... a xogar!! Xa me escribides en comentarios que tal vos foi...
Un saúdo!!

1º de Primaria

Pincha aquí para ir ao xogo

e 2º de Primaria

Pincha aquí para xogar ao taller das palabaras

3º de Primaria

Pincha aquí para xogar ao "Ahora Caigo"

4º de Primaria

Pincha aquí para xogar ao Ahora Caigo!

5º de Primaria

Pincha aquí para xogar ao labirinto dos substantivos 

 6º de Primaria

Pincha aquí para xogar a Super Sintactic 
https://view.genial.ly/5cd1c68cdecf900f570656cc/game-breakout-los-grupos-sintacticos

mércores, 13 de maio de 2020

Fichas interactivas de atención

Ola a todxs!!
Que tal ides? Hoxe vos traio unha fichas interactivas super divertidas e entretenidas para poñer en práctica a vosa atención e pasar un bo rato!!
Deixádeme en comentarios cal foi a que máis vos gustou!!
Un saúdo!!




Completa, una ficha interactiva de natalymaluendav
liveworksheets.com




Quién es quién, una ficha interactiva de aniosma73
liveworksheets.com


Sopa de letras, una ficha interactiva de lmerchanm02
liveworksheets.com

Sopa de dibujos, una ficha interactiva de gcepeda
liveworksheets.com

martes, 12 de maio de 2020

Actividades divertidas de soplo

Ola!!
Nas clases de AL, unha das cousas que ás veces traballamos é o soplo, por iso hoxe vos traio 9 actividades divertidas para soplar e pasalo ben!! Estades preparados? Mandádeme fotos ao correo das actividades que poñades en práctica.

Pincha aqui para comezar a coller ideas para traballar o soplo!!

Nunha actividade propón comprar pompóns, pero non é necesario podedes substituír os pompóns por pelotas de papel de aluminio.
Noutra actividade comenta de mercar líquido para facer pompas pero tampouco é necesario, con lavalouzas e auga sería suficiente.



luns, 11 de maio de 2020

Fichas interactivas de problemas de matemáticas

Ola!
A entrada de hoxe non vos amosa nada novo, volvemos ás fichas interactivas que, como xa sabedes vos van axudar a reforzar as aprendizaxes do curso. Podedes corrixilas e enviarme os vosos resultados e non dubidedes en escribirme ao correo con calquera cousiña que precisedes (se queredes máis fichas do estilo ou dalgunha outra aprendizaxe que vos interese reforzar), estarei encantada de vos ler e contestar...
Un saúdo... e buscade por abaixo a ficha do voso curso... ou doutros cursos se vos atrevedes...😜

1º de Primaria


2º de Primaria
Repaso mate, una ficha interactiva de sararuizja
liveworksheets.com


3º de Primaria


Problemas resta y multiplicación, una ficha interactiva de InesMilla
liveworksheets.com


4º de Primaria


Resolviendo problemas, una ficha interactiva de profetamarita
liveworksheets.com


5º de Primaria


Solucionando problemas de fracciones, una ficha interactiva de profetamarita
liveworksheets.com


6º de Primaria


domingo, 10 de maio de 2020

Organización semanal do 11 ao 15 de maio

Ola a todxs!
Nesta entrada, como xa sabedes,  se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... 😜

Luns 11- Fichas interactivas de Problemas de Matemáticas
Martes 12- Actividades divertidas de soplo
Mercores 13- Fichas interactivas de atención
Xoves 14- Xogos de repaso de Lengua
Venres 15- Imos ver esta curta!!

sábado, 9 de maio de 2020

Debuxos de actividades semanais

Ola a todxs!!
Hoxe é o primeiro sábado que hai entrada desde que comezamos co blogue. E o que imos facer os sábados vai ser subir fotos de debuxos de actividades que fixestes...

FOTOS DE FERRIÑOS CREATIVOS

Actividade realizada por Telma de 3º (Noraboa!! quedou chulísimo!!)😍





DEBUXOS CONTRA O BULLYING

Ana de 6º (Precioso!! Unha artista!!)

FOTOS DE PALABRAS DO RETO DE LINGUA DA GYMNKANA DO FERRO

Leyre de 6º (Fotos super creativas!! Xeniais!!)

LAR 

AFOUTEZA

Hugo de 3º (ENORME COMPOSICIÓN!! Xenial Hugo!!)
 LAR

Paula e Ángela de 6º (Foto super orixinal!!)
AFOUTEZA

FOTOS DE FICHAS E ACTIVIDADES REALIZADAS

Por Telma de 3º



Por Hugo de 3º







venres, 8 de maio de 2020

Ferriños Creativos

Ola!!
Que tal estades?? Hoxe é venres e vos traio uns videos que van facer saír aos artistas e ás artistas que hai dentro de vós!!
Non vos olvidedes de enviarme ao correo fotos das vosas creacións!!
Un saúdo e boa finde!!

                       Pincha aquí para comezar!!

xoves, 7 de maio de 2020

Fichas interactivas de Comprensión Lectora

Ola a todxs!
Unha entrada da semana pasada foi dedicada a fichas interactivas de Mates, e esta semana repetimos pero de Lengua... Espero que vos sexa de utilidade e vos guste!! Escribídeme en comentarios que vos pareceu (dificil, facil, aburrida, divertida, ...) Se estades preparadxs buscade abaixo o voso curso e a comezar!! Despois podedes correxirvos (pinchando en "terminado" e "comprobar mis respuetas") e notificarme o resultado que vos saíu (pinchando en "terminado" e "enviar mis respuestas al profesor"). Se vos atrevedes podedes facer tamén a de outros cursos e xa me comentades que tal!
Un saúdo!!

1º de Primaria




2º de Primaria


3º de Primaria
El racimo de uvas, una ficha interactiva de maitegs
liveworksheets.com


4º de Primaria
Dos amigos, una ficha interactiva de laprofegema
liveworksheets.com

5º de Primaria

6º de Primaria
Los magos, una ficha interactiva de Anabelferhor
liveworksheets.com

mércores, 6 de maio de 2020

4 Xogos que poñerán a proba a vosa atención

Ola!!
Hoxe imos poñer en xogo a vosa atención, así que concéntrate e prepárate para resolver estes xogos!!
Ánimo!! Escribe en comentarios cal foi o que máis che gustou e por que

Pincha aquí para salvar ao heroe

Pincha aquí para atopar as parellas

Pincha aquí para atopar o diferente

E finalmente vos colgo unha ficha interactiva na cal teredes que estar moi atentos para facela ben!!

martes, 5 de maio de 2020

Vai unha de trabalinguas

Ola!
Hoxe vamos a soltar a lingua e a imos poñer a traballar. Para iso vos traio unha serie de trabalinguas para que fagades. Se vos animades podesdes gravarvos dicindo o que máis vos guste e enviarmo ao correo, xa sabedes: ptal.maribel.atencion@gmail.com
Pero se preferides non saír en pantalla, escribídeme en comentarios cal foi o que vos gustou máis!!
Ánimo!!

luns, 4 de maio de 2020

Gymkana do Ferro!! Aceptades os retos??

Ola!!!
Hoxe e luns e imos comezar a semana con enerxía... Para iso vos traio a nosa Gymkana: A Gymkana do Ferro!! Nela tedes que ir superando os retos para pasar aos seguintes...
Atrevédesvos?
Ánimo!! 💪💪
Podedes ir preparando a cámara ou o móvil para sacar fotos e vídeos e podedes enviarmos ao correo...😜
Estades preparados?
.
.
.
Listos?
.
.
.
XA!! PINCHA PARA COMEZAR!!

domingo, 3 de maio de 2020

Organización semanal de contidos do 4 ao 8 de maio

Ola a todxs!
Nesta entrada ides ver como se vai organizar o contido semanal. Amosareivos a entrada que ides ver cada día. Así podedes entrar a ver o blogue aquel día que saibades que vai haber algo do voso interese, aínda que, coma sempre, vos animo a entrar cada día porque todas as actividades son interesantes... ;P

Luns 4- Gymkana do Ferro!! Aceptades os retos??
Martes 5- Vai unha de Trabalinguas
Mercores 6- 3 Xogos que poñerán a proba a túa atención
Xoves 7- Fichas interactivas de Comprensión Lectora
Venres 8-Ferriños Creativos

sábado, 2 de maio de 2020

ATENCIÓN!! 2 de maio: Día do acoso escolar ou Bullying

Ola a todxs:
Esta entrada non estaba na programación semanal, pero este día merece unha entrada especial xa que hoxe, 2 de maio, se celebra o día do acoso escolar ou bullying.
Estes días, estamos a vivir un momento único, histórico, e con todo este tempo encerrados nas nosas casas tivemos tempo a reflexionar e a darmos conta do importante que son as persoas, os compañeiros e as compañeiras e, por iso, porque todos e todas somos importantes, merecemos o respecto dos demáis.
Con esta entrada vos traio un agasallo, un corto que espero que vos guste e vos axude a reflexionar...
Anímovos a todos a elaborar un cartel (nun folio) cunha mensaxe en contra do acoso escolar e a enviarma ao correo: ptal.maribel.atencion@gmail.com (O sábado que ven subirei todos os carteis que me enviedes, a ver se enchemos o blogue de debuxos e mensaxes en contra do acoso escolar)
Un saúdo e unha aperta moi forte... Deixovos co vídeo:

venres, 1 de maio de 2020

Unha de palomitas!!

Ola!!
Hoxe e venres e para celebralo, na entrada de hoxe vos traio unha selección de 8 películas para traballar as emocións. Con esta selección douvos algunha opción para ver esta fin de semana. Ademáis, invítovos a que me escribades un correo (ptal.maribel.atención@gmail.com) e que me contedes algunha cousiña, como por exemplo cal de esas pelis vístedes, cal vos gustou máis, cal non vos gustou... Douvos ideas para mandar no correo...😉

Podedes....

  • Facer un debuxo da peli que máis vos guste, sacarlle unha foto e enviarma
  • Escribir un resumo dalgunha peli
  • Elaborar unha reseña
  • Escribir a vosa opinión sobre algunha das pelis
  • Gravar un audio contando algo sobre as pelis
  • Facer un video contándome algo sobre as películas (cales vistes, cal vos gustou,...)
Os debuxos que me enviedes vou intentar subilos nunha entrada para así que vexamos os artistas que hai no cole!